Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 05 diciembre 2022
19:04
h

Presentan o proxecto para iluminar a capital da Maía

A Maía. Vaise presentar o proxecto de renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns, no Pazo da Peregrina este xoves, ás 20.00 horas. A iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. Dita actuación foi adxudicada por un importe de 437.511 euros (con ive). A actuación principal é a substitución de 940 luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, de potencia inferior pero que achegarán un fluxo luminoso similar. As persoas que acudan a dito evento recibirán un USB de 8GB, con forma de bombilla, que forma parte das accións de comunicación que hai que realizar sobre dito proxecto. Esperan acadar a mellora da eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica, do consumo de enerxía final, a implantación de solucións integrada e redución de gases de efecto invernadoiro (GEI). M. Outeiro

21 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.