Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentado un plano guía da Prolongación do Camiño e o ‘Libro por Escribir’ en Negreira

Divulgarán a xestión do monte e a poñerá no mapa puntos clave da Prolongación do Camiño con dódigo QR

A Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal, PEFC Galicia, presentou o Plano-Guía do Camiño Fisterra- Muxía e un Libro por Escribir no albergue municipal de Negreira este venre. Ambos os dous entregables son froito dun proxecto, iniciativa de PEFC Galicia e promovida polo Programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A través do Plano facilítase ao peregrino un fío condutor que dará a coñecer aspectos da paisaxe rural galega, a importancia dos bosques no medio natural e das árbores nas cidades, os tipos de propiedade, usos e traballos no monte, lendas, toponimias, a ligazón coa arquitectura e a natureza, entre outras. No libro, os camiñantes poderán plasmar as súas percepcións e sentimentos ao longo do Camiño, así como as súas achegas para lograr unha contorna máis sostible.

Ao acto asistiron o rexedor negreirés Ángel Leis; a xerente de PEFC Galicia Elsa Grille; o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, e o presidente de PEFC, Enrique Valero. Con esta iniciativa PEFC no Camiño, quere trasladar aos peregrinos que nos visitan e á sociedade galega no seu conxunto, a importancia dos montes a escala local e global. Camiño e Monte “son dous conceptos intimamente ligados no noso territorio ao longo dos séculos, xeradores dunha cultura, tradicións e natureza propias e singulares”, precisan dende a organización.

O Plano-guía ten un deseño desenfadado, buscando que ademais de ofrecer e facilitar o acceso a toda a información a través dun código QR (en galego, español e inglés), sexa atractivo para o peregrino e que poida pasar un intre agradable observando os debuxos e buscando infinidade de detalles que de seguro poden arrancar máis dun sorriso. Dito plano poderase atopar en albergues, puntos de información e nos concellos do Camiño Fisterra-Muxía. Ademais, nos albergues, os peregrinos poderán encontrar un libro pendente de escribir por eles mesmos, con breves mensaxes, “que invitan a describir as súas sensacións facendo o Camiño polos nosos montes, ou que nos conten os seus soños, acheguen as súas ideas, ou nos indiquen que estarían dispostos a facer ou mudar nas súas vidas, para lograr un planeta máis sostible”, rematan.

23 jun 2021 / 16:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.