Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Preto de mil persoas asistiron á recreación da batalla de Ponte Ledesma

Boqueixón. Preto de mil persoas acudiron ao campo do río de Ponte Ledesma, en Boqueixón, para asistir á recreación da histórica Batalla de Ponte Ledesma, organizada polo departamento de Cultura do Concello de Boqueixón. O evento consistiu na representación da batalla que nos primeiros días do mes de marzo de 1809 confrontou ao exército de Trasdeza (conformado na súa grande maioría polos labregos da zona de Boqueixón, Vila de Cruces e Silleda, liderados polo capitán Benito Martínez, membro do tamén histórico batallón Literario de Santiago) e o exército de Napoleón.

Nesta recreación participaron veciños e veciñas de Ledesma, representando aos labregos, e os membros da Asociación Cultural Héroes de Casal de Eirigo (Valga) representando aos franceses. A dirección e coordinación correu a cargo do actor Suso Martínez.

O evento serviu para a estrea da composición, de oito cadros sinfónicos, titulada A Batalla de Ponte Ledesma de Simón Couceiro, estradense, músico na Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela. Dita composición foi interpretada pola Banda de Música Unión Musical Ponte Ledesma, baixo a batuta do seu director Roberto Hermida. A representación tivo moi boa acollida polo público e a organización agradeceu a cada un dos participantes nesta recreación o seu traballo, en especial aos veciños e veciñas. Tamén agradeceron a colaboracicón da Xunta de Galicia. C.G.

10 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.