Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 26 febrero 2021
15:15
h

Priman nos orzamentos participativos de Ames máis seguridade viaria

Ames. O Concello de Ames vén de publicar a lista de propostas máis votadas -referendadas pola veciñanza amesá- dos orzamentos participativos do 2020. Dentro dos investimentos do rural dotados con 120.000 €, a mellora da seguridade viaria nas parroquias foi a opción máis votada pola veciñanza amesá.

Con isto, “a cidadanía amosou a necesidade de implementar actuacións para reducir e minimizar os riscos e mellorar a seguridade viaria nas nosas parroquias e lugares”, sinalan dende o Concello. No caso dos investimentos para a mocidade, dotados con 40.000 euros, o censo máis novo optou por solicitar a mellora do espazo do Anfiteatro do Milladoiro. Dentro das liñas de actividades nos diferentes ámbitos, que contan tamén cunha partida de gasto de 40.000 euros, a cidadanía amesá decantouse por propostas dirixidas á muller, á cultura, á mocidade e ao medio ambiente. a.p.

24 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.