Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Profesionais da apicultura formáronse en Sergude na reprodución e cría de raíñas

Foron dous cursos nos que se combinaron unha parte teórica sobre conceptos básicos e outra práctica

Boqueixón. A Consellería do Medio Rural organizou dous cursos enfocados a continuar coa profesionalización do sector apícola. Así, as accións formativas, organizadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e levadas a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude (na localidade de Boqueixón), enfocáronse principalmente na reprodución e multiplicación do apiario, prestando atención especialmente este último á cría de raíñas.

O principal obxectivo destas accións formativas (que foron de balde) foi facilitar aos apicultores iniciados o coñecemento de mecanismos de reprodución das súas colmeas e dotalos dos recursos técnicos suficientes para aumentar os seus apiarios e conseguir unha mellora tanto nas colleitas como na rendibilidade das súas explotacións.

A programación de ambos os dous cursos baseouse na combinación dunha parte teórica, que se centrou nos conceptos básicos dos procesos de reprodución, e dunha práctica, na que se aplicaron os coñecementos previamente adquiridos.

Métodos clásicos de cría de nais, fecundación e importancia dos machos, orfandade das colmeas, creación de núcleos ou recollida de raíñas son algunhas das nocións principais sobre as que se traballou nos distintos cursos. A través da formación non regrada e dentro do Plan de Formación Continua 2021, Agacal pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector apícola, neste caso, e do agrícola e forestal, en xeral, tanto a nivel técnico como económico.

A Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021. Un proxecto que pode consultarse a través da web xunta.gal (na oficina virtual do medio rural). c. e.

01 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.