Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Programan a proxección do filme ‘Malencolía’ o 19

A Maía. A concellaría de Cultura prosegue este mes co Ciclo Mestre Mateo, proxectando o filme Malencolía, que foi nominado na categoría de mellor longametraxe nos XX Premios Mestre Mateo e premiado nas categorías de interpretación de reparto feminina e masculina. A película conta a historia de Sira e Pepe, unha parella que tras vivir unha década en Berlín decide voltar a Galicia e mercar unha casa nunha aldea a priori deshabitada en Ourense. Será o próximo mércores 19 de outubro, ás 20.00 horas, na casa da cultura de Bertamiráns. Os convites, de balde, xa se poden retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames. Os dous protagonistas de Malencolía levaban preto dunha década na diáspora, e deciden deixar a capital alemá para volver a Galicia, fartos da precariedade e do frenesí da cidade. Co fin de cumprir este obxectivo, atopan e compran unha casa na aldea abandonada de Lupián, na que hai eventos desconcertantes. M.O.

15 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.