Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 07 agosto 2022
03:36
h

Protección Civil realizou 951 actuacións en 2021

ames. A Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames mantivo no segundo ano de pandemia o seu crecemento e a súa capacidade de actuación, aumentando os seus medios materiais e participando nun número maior de operativos e eventos. O ano 2021 estivo marcado polas numerosas colaboracións exteriores realizadas, preto de 70, moitas delas relacionadas coa campaña de vacinación levada a cabo na Cidade da Cultura de Santiago. O número total de servizos volveu medrar, alcanzando os 951 (34 máis que en 2020). O alcalde e concelleiro de Protección Civil, Blas García, valora de xeito positivo “o magnífico traballo dos voluntarios e voluntarias, que cada ano están sempre dispostos a colaborar e axudar en calquera actividade ou emerxencia”. Durante 2021, a AVPC realizou 430 operativos, 191 máis. O período de maior actividade foi entre maio e setembro. Ademais, atendeu 104 accidentes de tráfico e 24 incidencias de circulación. O mes con maior número de incidentes nas estradas foi setembro, con 17, seguido de novembro, xuño e xullo. Tamén se recolleron 52 animais soltos, colaborouse en 21 asistencias sanitarias e 9 operacións de salvamento e rescate, interviuse en 11 incidencias causadas por verteduras e realizáronse 27 operativos de revisión de hidrantes. A elo súmanse 287 servizos noutras incidencias. arca

01 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.