Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Proxectan un documental sobre a poeta Luz Fandiño

A Maía. A concellaría de Cultura prepara a nova proxección do Ciclo Mestre Mateo de maio, a película nominada na categoría de mellor documental nos XX Premios Mestre Mateo, A poeta analfabeta. O filme mostrará ao público a vida de Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria, nunha viaxe polo seu legado. Será este mércores 18 de abril, ás 20.00 horas, na casa da cultura de Bertamiráns, e os convites, de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A poeta analfabeta é o retrato dunha muller icónica e inspiradora, testemuña das realidades máis duras do século XX que afectaron a boa parte das galegas e galegos. A pobreza, a emigración, a represión identitaria e ideolóxica, o machismo. Todos estes obstáculos forman parte de Luz Fandiño e da súa historia persoal, do seu legado como muller emigrante, pobre, roxa, mais tamén como poeta, como activista e como referente. M. Outeiro

10 may 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.