Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 24 febrero 2021
23:30
h

Publicidade para o comercio amesán no autobús de liña

Ames. A concellería de Promoción Económica de Ames reforza a campaña Comercio de Ames. Témolo todo! cunha nova acción de información e publicidade no bus. Esta iniciativa, que comezou no pasado mes de marzo de 2020, leva desenvolvéndose preto dun ano para fomentar o comercio de proximidade. Do mesmo xeito, vólvese adiar o inicio da campaña de tarxetas bono Merc@mes (comezará o un de marzo e alongarase ata o un de maio). De volta á campaña, o cartel publicitario vai no autobús número 3.270 que realiza a liña entre Santiago e O Milladoiro. Deste xeito, durante un mes (ata o vindeiro dezanove de marzo do presente ano), apoiarase ao comercio. m. m.

23 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.