Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 02 febrero 2023
23:35
h

Queda aberto o prazo para a formación sobre pragas nos castiñeiros

Será o 11 de outubro de 10.00 a 14.00 no local social de Piñeiro e hai ata o 10 para apuntarse

Ames. A concellería de Medio Ambiente de Ames segue a súa oferta formativa cunha charla sobre os castiñeiros e as pragas e doenzas que lle poden afectar. A xornada desenvolverase o 11 de outubro no local social de Piñeiro, de 10.00 a 14.00 horas, e será impartida por persoal do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense).

A chegada do outono e a importancia do castiñeiro nos ecosistemas de Galicia fan que a temática desta xornada sexa de interese para a veciñanza de Ames, en especial para produtores en activo, persoas que manteñan unha actividade agraria ou que queiran iniciala, ou aquelas que están desempregadas en busca de formación no eido do sector primario.

Ao longo da xornada farase un percorrido polas posibles doenzas ou pragas que poidan sufrir os castiñeiros, como a da avespa do castiñeiro ou Dryocosmus kuriphilus, unha especie orixinaria da China que ataca á meirande parte de variedades cultivadas. Está considerada a peor peste mundial que afecta aos castiñeiros. As inscricións para esta actividade xa están abertas e poderán realizarse ata o dez de outubro.

Para participar hai que enviar un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. c. e.

06 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.