Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 13 junio 2021
09:35
h

Quedan tan só 8 prazas nos campamentos de Amabul

Vedra. Os rapaces e rapazas que desexen anotarse na quenda de xullo dos campamentos da asociación medioambiental Amabul, de Vedra, deben darse présa, posto que xa só quedan oito prazas das cincuenta ofertadas entre o campamento infantil e o xuvenil. Os primeiros están dirixidos aos mozos e mozas nados entre os anos 2009 e 2015 e os segundos para os nados antes de 2009.

As propostas pasan por rutas de sendeirismo, xogos educativos na natureza, excursións e saídas de campo ou xincanas de observación e orientación. Para anotarse hai que cumprimentar o formulario que se atopa en amabul.org e enviar o recibo de pago antes do 15 a xuvenil@amabul.org. Quedan sobre 25 prazas para agosto. A.P.

11 jun 2021 / 17:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.