Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 26 febrero 2021
11:02
h
A crise sanitaria obrigou a suspender o festexo nos oito concellos que conforman este afamado e antigo festexo // Dende a organización aseguran que se farán actividades virtuais e en pequeno formato para manter o espírito TEXTO Alba Prada

Quedou oficialmente cancelado o Entroido dos Xenerais da Ulla

Achégase febreiro e iso é inmediatamente sinónimo de Entroido en todo aquel que viva esta festividade con ilusión ou que nacese nun dos concellos galegos nos que é a Festa por excelencia. A semana pasada quedaba confirmado que o triágulo máxico ourensán (Verín, Laza e Xinzo) cancelaba o Entroido por mor da pandemia. Á suspensión deste lexendario Carnaval sumábase onte o doutro: o dos Xenerais da Ulla, que agrupa aos municipios de Santiago, A Estrada, Boqueixón, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

A confirmación facíase de forma oficial na páxina web do festexo (xeneraisdaulla.com) e a través das súas redes sociais. “Desde los ocho ayuntamientos para la promoción conjunta del Carnaval Rural Tradicional de los Generales del Ulla informamos que con motivo de la actual situación sanitaria provocada por el COVID, las entidades organizadoras de los Carnavales de los Generales del Ulla suspenden la programación presencial de sus celebraciones en los diversos lugares y parroquias. Adoptan esta medida ante la imposibilidad de desarrollar estos carnavales en su formato habitual. Al mismo tiempo es un acto de responsabilidad priorizando la salud y seguridad de todas las personas”, reza o comunicado.

Con todo, os organizadores informan de que van realizar actividades virtuais e en pequeno formato coa idea de manter vivo o espírito entroideiro. Unha solución que dende logo non satisfará aos máis festeiros, pero que dada a gravidade da situación, é a única posible. Con esta nova a comarca da Ulla asume xa que os xenerais non vestirán este ano o seu tradicional traxe nin se criticarán as últimas noticias da parroquia durante os seus famosos altos. Haberá tamén que agardar para degustar as afamadas filloas de Lestedo, aínda que sempre existe a posibilidade de intentar recrealas na casa, como consolo.

O 2021 quedará marcado na historia por ser o ano no que a Ulla non viviu a súa tradición entroideira. O curioso é que o ano pasado si puido celebrarse, pero todo hai que dicilo, pouco despois decretábase o estado de alarma en España polo que o Carnaval foi no 2020 a última gran festa vivida antes do confinamento e das actuais restricións. Quizais sexa por iso que os namorados desta celebración aínda o levan tan presente na memoria: foi a derradeira festa ata o momento sen máscara (quirúrxica), sen distancias nin xeles hidroalcóholicos de por medio, e o máis importante, sen unha preocupación mundial.

Por se alguén descoñece a historia dun dos Entroidos máis antigos e característicos de Galicia hai que dicir que a primera documentación que se conserva sobre o mesmo, tal e como sinalan dende a páxina web adicada ao festexo, corresponde aos anos 70 do século XIX. Alfredo Vicenti, político santiagués, publica a partir de abril de 1875 no xornal El Heraldo Gallego unha serie de artigos titulados En las orillas del Ulla. Un deles levaba por nome La máscara e nel relátase a formación dunha comparsa de Entroido na parroquia de Oca, na Estrada.

Respecto da orixe dos personaxes desta festa, os Xenerais da Ulla, aínda que non se sabe con certeza, sitúase, segundo as mesmas fontes, nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ao longo do século XIX: primeiro a loita contra a invasión francesa e, despois, a revolución do 1846, que terminou coa batalla de Cacheiras. As diferentes guerras carlistas que tiveron lugar en España no s. XIX axudarían a súa ridiculización.

20 ene 2021 / 19:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.