Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rafa Vilar gaña o premio Ardeiro e a local Judith Ruso queda finalista

A Barcala. O xurado do premio de poesía Xosé M. López Ardeiro decidiu en Negreira que, nesta décima edición, os galardóns reforzados (triplicouse a cuantía) foran para o o ceense Rafa Vilar González, que recibirá 2.500 euros e 300 exemplares da súa obra Furtivas, e para a poetisa local Judith Ruso por Demasiada lucidez, que vai sumar 500 €.

Así, nun acto no auditorio negreirés presidido polo alcalde, Ángel Leis, e en presencia do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo (a Xunta tamén colabora no certame), déronse a coñecer o nome do gañador e da finalista, incluíndo ademais a actuación de Prabhu & Lorenzo.

En total, concorreron 32 obras, de “nivel máis que aceptable”, segundo o comisario José A. Ponte Far, que lembrou a figura de Ardeiro, “un veciño moi querido, culto e nada pedante”. Do gañador, que ten 12 obras e pertence ao Batallón Literario da Costa da Morte, sinalaron os seus “rexistros novidosos”. m. manteiga

16 dic 2021 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.