Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reabre o roupeiro municipal de Teo para quen o precise dende este xoves

Hai que solicitar cita en servizossociais@teo.gal ou chamando ao número 981 809 707

Teo. O Concello de Teo confirma que o seu roupeiro municipal volve funcionar despois de que se interrompese a súa actividade dende a declaración do estado de alarma en marzo pola pandemia e que, a partir de mañá día 15, os interesados poderán demandar as prendas que precisen.

Segundo as mesmas fontes, en días pasados foi o concelleiro de Benestar, Ignacio Iglesias, quen mantivo unha xuntanza de traballo co persoal voluntario que leva a organización do roupeiro para que este volva estar operativo, tanto para a entrega de roupa como para a recollida.

Os usuarios que precisen botar man dos produtos deste almacén poderán utilizalo a partir do 15 deste mes, xa que as primeiras xornadas de outubro dedicáronse a ir ordeando e colocando o material. Os días de entrega serán os xoves de 16.00 a 18.00 horas e haberá que facelo con cita previa no teléfono 981 809 707, ou no email servizossociais@teo.gal. As familias que o soliciten poderán ir en intervalos de media hora.

As persoas que queiran doar roupa poden entregala no soto do auditorio municipal Constante Liste. Dende o roupeiro solicitan doazóns de roupa e calzado para poder atender a demanda. O concelleiro tamén destaca a necesidade de novos voluntarios. As persoas interesadas en colaborar terían que ter dispoñibilidade os xoves de 16.00 a 18.00 ou os mércores de 10.00 a 12.00. Para novos voluntarios debe enviarse un email a voluntariado@teo.gal. m.m.

14 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.