Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reboleiro xa posúe o premio teatral Maruxa Villanueva

O alcalde de Padrón foi o encargado de darlle este recoñecemento que xorde do Concello

Padrón. O matemático, pallaso e cofundador da compañía Pista Catro, Pablo Reboleiro, agradeceulle esta fin de semana ao xurado do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva que “pensase no circo e premiase todo o traballo dunha arte que se está a reinventar dende cero”. Reboleiro recibiu de mans do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, o galardón (xa fora comunicado en febreiro) que o acredita como gañador do premio que convoca o Concello para distinguir o traballo nas artes escénicas galegas e que este ano acadou a súa vixésimo primeira edición.

Fernández Angueira fixo entrega do galardón unha vez que rematou o espectáculo DROP, dirixido polo propio actor e que ofrece unha reflexión sobre a vida actual. A través dos malabares, convértese tamén nunha ferramenta para divulgar as matemáticas. Na súa intervención, ademais de agradecer a colaboración da súa familia e dos integrantes de Pista Catro e Circonove, Pablo Reboleiro resaltou a “xenerosidade” do xurado. “Grazas por mirar máis alá do propio carácter dos saltos espectaculares e facer que todos sexamos unha irmandade escénica, na que todos poidamos colaborar, aprender, hibridar... En definitiva, xogar, que é o que máis nos gusta”, afirmou. c.e.

07 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.