Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 17 mayo 2022
08:34
h

Reciben no Milladoiro a 60 peregrinos chegados da illa canaria da Palma

AMES. O alcalde de Ames, Blas García, acompañado da concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, desprazáronse ao Milladoiro para recibir a 60 peregrinos e peregrinas procedentes da illa da Palma que están a realizar o Camiño Portugués desde Vigo. Ademais de falar sobre a situación que se vive na actualidade por mor da erupción do volcán de Cumbre Vieja, o alcalde comentoulles que o Concello de Ames está a traballar na organización dunha campaña, que levarán conxuntamente Protección Civil e a Xuntanza de Empresarios de Ames, para poder levar á Palma material para Protección Civil e produtos de hixiene básica. Algúns dos peregrinos e peregrinas canarios, que onte facían a súa última parada no camiño antes de chegar a Compostela, relataron ao alcalce que teñen familiares damnificados pola situación. Arca

06 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.