Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reclaman a retirada do proxecto de ampliación da autovía Teo-A Estrada

O BNG vai presentar no Parlamento galego unha iniciativa sobre
a agresión que supón

A Estrada. O BNG da Estrada e de Teo consideran que o proxecto de ampliación da AG-59 “é unha agresión en toda regra ao medio ambiente, ao patrimonio cultural e etnográfico, así como ós nosos sectores produtivos, e merece ser retirado”.

A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, presentará nos vindeiros días unha iniciativa neste sentido, pedindo á Xunta a retirada do proxecto que, segundo os nacionalistas, “trae máis problemas que beneficios a ambos concellos. Arrasar fincas, espazos naturais e patrimoniais non é o mellor xeito de traballar por un rural vivo e con futuro”, aseguran.

Prado visitou a zona pola que transcorrerá a autovía AG-59 entre Couso e Vilacriste, no concello da Estrada. A deputada estivo acompañada pola concelleira do BNG da Estrada, Susana Camba, e polo concelleiro do BNG de Teo, Manuel Barreiro, así como membros da asociación A Xesteira de Couso. Percorreu unha parte da ruta dos muíños de Vea, aberta pola asociación e sufragada con fondos europeos, da Xunta e do Estado para a súa posta en valor, amosando especial interese na zona concreta pola que a autovía atravesará o río Vea arrasando dous dos muíños do roteiro.

O BNG considera que o proxecto divide parroquias e afecta á habitabilidade. arca

13 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.