Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reclaman máis aparcamento e alegacións pola reforma autonómica das paradas de bus en Teo

Teo. O BNG de Teo presenta dúas mocións para debater no pleno deste mércores 25 (20.00 horas). Unha é para pedirlle á Xunta axudas á produción ecolóxica (e que se publiciten do mellor xeito). E outra sobre a mellora da accesibilidade e conectividade das paradas de bus, concordando coas medidas que incidan positivamente na seguridade viaria e que fomenten o transporte público, pero non ca merma dos aparcamentos.

“Entendemos que sería beneficioso que as obras de mellora de seguridade viaria realizadas no seu día tiveran en conta as medidas que se están a propoñer agora”, din os frentistas pero, “como non foi así, atopámonos co descontento da veciñanza afectada. Ademais, tras reunirnos coa Asociación de Empresarios de Teo, encontrámonos unha situación de preocupación ante a falta de aparcamento en determinadas zonas que se ven afectadas polo trazado”. É por iso que, para minimizar o impacto negativo dos veciños e tamén do comercio local, instan ao Concello a que realice os informes técnicos e presente as alegacións oportunas, ademais de habilitar estacionamentos próximos, axilizando todos estes trámites. O.D. Vilar

24 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.