Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recollen material escolar para familias sen medios

a maía. A concellería de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, pon en marcha unha nova campaña de recollida de material escolar para tratar de resolver as necesidades dalgunhas familias con menores de Ames. Pódese entregar nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro ou na casa do concello ata o 30 de setembro, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Dende a Oficina de Voluntariado amesá xa se viña dando resposta a estas necesidades, pero o tripartito quixo ir un pouco máis alá para que toda a rapazada inicie o seu curso escolar en condicións de igualdade.

Entre os materiais que precisan están os cadernos, estoxos, mochilas, lapis, carpetas ou cores, entre outros, que supoñen un custo a veces difícil de afrontar polas familias. Quen desexe máis datos pode contactar con dita oficina chamando ó 662 377 044 ou enviando un email (voluntariado@concellodeames.gal). m. manteiga

01 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.