Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recuperan o 11 o concurso equino de Oza con música e premios de ata 90 euros

Teo. O Concello de Teo recupera o concurso cabalar e celebrará o evento este próximo domingo 11 en Ribas, Oza, dende as 08.30 horas. Será unha xornada de reivindicación do mundo do cabalo que organiza o Concello en colaboración coa Asociación Amigos do Cabalo de Teo e apoio de empresas. Según a organización, o cabalo é un elemento central en eventos culturais como os Xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e na feira cabalar do San Martiño. María López, edil de Turismo, destaca que “estes dous eventos non terían sentido sen o cabalo e para nós é importante que no concello siga existindo un colectivo que coide e proxecte ao animal e o poña en valor”. Ademais do certame (con premios de entre 90 e 30 €), haberá exhibición de salto, vermú con Blues do País e Sindicato da Verbena, animación e polbeira. ODV

09 sep 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.