Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recuperan o asesoramento eléctrico dos martes para a veciñanza de Teo

Persoal técnico atende no salón de plenos de 10.00 a 12.00 horas, e cómpre levar a factura

Teo. O Concello de Teo recuperará o servizo de asesoramento eléctrico o vindeiro martes. Así, o vindeiro día 12 o persoal técnico atenderá á veciñanza de 10.00 a 12.00 horas no salón de plenos.

Este servizo é de balde e pode acudir a el calquera persoa de Teo para consultar dúbidas sobre a súa factura eléctrica, tipo de contrato ou temas coma o bono social. Tendo en conta o contexto COVID tamén se habilitou un correo electrónico de contacto (pie@teo.gal) ao que se pode escribir e así evitar desprazamentos pola pandemia.

Esta iniciativa municipal sufriu recortes polas limitacións da COVID, polo que anteriormente, e aproveitando as datas estivais, recuperábase o 14 de xullo. Recomendan, do mesmo xeito, que para poder aproveitar o servizo é convinte achegarse coas copias das facturas dos últimos meses para poder avalialas convintemente.

Entre outros trámites, o persoal informará tamén da vixencia dos bonos sociais aos usuarios. Polo de pronto, e de non mediar novidades polas limitacións, tamén haberá técnicos para a veciñanza no mesmo horario e no mesmo marco consistorial os vindeiros martes día 19 de xaneiro e 26 deste mesmo mes. m. m.

09 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.