Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rede de pluviais contra as balsas para Cantalarrana

A Maía. Blas García, alcalde e edil de Obras e Servizos Básicos de Ames, comprobou a execución das obras para dotar ao lugar de Cantalarrana dunha rede de pluviais ata o límite con Brión, adxudicadas á empresa Excavaciones Cernadas Valiña S.L. por 55.780 € e incluídas no Plan Ames Progresa 2021-2023. Alí executouse unha rede para canalizar a gran cantidade de auga que queda embalsaba entre ese lugar e o municipio veciño, danando o pavimento da estrada e vivendas. Por iso, instalouse ao longo de 286 metros coas súas arquetas sumidoiro. Ademais, sobre ela vai unha cuneta revestida de seguridade de 290 metros e cun ancho máximo de 1,80 metros, que permite a condución superficial das augas das escorrentas e a posibilidade de tránsito de peóns por esta zona. Na parte inicial da marxe esquerda (en dirección Brión) executouse unha zona peonil máis estreita dun metro de ancho e logo repuxéronse pavimento e sinais. M. Manteiga

17 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.