Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reforzan os concilia de Negreira con máis prazas

A Barcala. O Concello de Negreira reforza co inicio do curso escolar os servizos que son de competencia municipal para conciliar a vida familiar e laboral dos seus veciños. E, en concreto, o servizo de Madrugadores comeza este curso con 71 prazas, polas 60 que había no ano 2021. E o de Merendas, pola súa parte, conta con vinte prazas.

“A poboación de Negreira aumentou nestes últimos meses, ata os 6.914 habitantes censados, e no Concello consideramos esencial facer un reforzo de todos os servizos, xa que axuda a conciliar aos pais e nais no ámbito laboral”, asegura o alcalde, Ángel Leis,. E a edil de Servizos Sociais, Mar García, lembra que “tras pasar unha dura pandemia, a actual situación económica limita moito a posibilidade de buscar alternativas para os fillos, por iso o Concello, unha vez máis, apoia e reforza estes servizos para lograr unha maior estabilidade familiar e emocional”, con máis monitores e material. Ademais destes servizos, o campamento urbán Respira contou este verán con 110 prazas; o Diververán, 40; e os campamentos exteriores, con 60 prazas. m.m.

20 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.