Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Remata envorcado enriba dun camión brionés tras saír de vía

Un turismo rematou envorcado enriba dun camión este mércores, tras sairse de vía pasadas as sete da tarde. Foi un particular quen chamou ao CIAE-112 para avisar do feito, na estrada de Brión cara A Picaraña, á altura do lugar de Chave de Ponte.

Así, o 112 comunicoullo aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil da localidade e aos servizos sanitarios. No mesmo intre, estes últimos confirmaron a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar. Unha vez no punto, os membros do GES afirmaron que a persoa xa estaba fóra do vehículo e que non facía falta excarceración.

Co fin de restablecer a seguridade na vía, desde o 112 Galicia tamén se lle deu aviso ao persoal de mantemento de estradas.

24 jun 2021 / 09:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.