Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Remata o prazo este venres para o terceiro certame de fotos Ilumina
o teu sorriso

Organízano as tres patronais en colaboración co Concello, Rueiro Clínica Dental e Javier Troitiño Fotógrafo

A Maía. Este venres remata o prazo do III Certame de Fotografía Ilumina o teu sorriso, organizado polas tres asociacións de comerciantes e empresarios amesás, e coa colaboración da concellería de Promoción Económica, Rueiro Clínica Dental e o estudo Javier Troitiño Fotógrafo. Para participar na campaña cómpre facerse dúas fotos en dous dos seis lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello, da Maía e de Chavián, en Bertamiráns, ou ben nas prazas de Manuel Murguía, da Madalena ou en Anxeriz, no Milladoiro.

As persoas participantes poden gañar un móbil de última xeración, doado por Rueiro Clínica Dental.

Para participar no concurso teranse que realizar esas fotos en dúas das seis localizacións indicadas pola organización, destacadas polos elementos de alumeado de Nadal situados nelas. Os puntos son, en Bertamiráns, o logo do Concello de Ames, na Praza do Concello; o número 2022, na Praza da Maía, e a iluminación das árbores da Praza de Chavián. Por outra banda, no Milladoiro os elementos a fotografar son a árbore luminosa da Praza Manuel Murguía; a bóla xigante da Praza da Madalena, e a manta de luces de Anxeriz. As persoas participantes, que deben ser maiores de idade, deberán presentar dúas fotografías inéditas e orixinais (enviándoas ao email amesnarua@gmail.com).

É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos da persoa participante: nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto (preferiblemente móbil), así como o texto “Autorizo aos organizadores a difusión das fotografías enviadas segundo as bases do sorteo”. Soamente se permitirá unha participación por persoa, que coa súa inscrición entra no sorteo dun teléfono móbil de última xeración doado por Rueiro, e Troitiño exporá as imaxes. M. O.

07 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.