Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Remata o prazo para o concilia deste Entroido

Ames. Os interesados teñen ata o vindeiro 18 de xaneiro de prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar Entroido Lúdico de Ames, que chegará os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo. Trátase dun concilia co que a administración local procura axudar aos veciños a compatibilizar o traballo e a vida familiar, ofrecendo un espazo onde a rapazada realiza actividades lúdicas e educativas.

Respecto do horario, vai de 07.30 a 16.00 horas e inclúe os servizos de Bos Días e comedor. Os interesados deberán entregar a documentación a través da sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas municipais de asistencia en materia de rexistro (tanto no Milladoiro como en Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da sede electrónica. O impreso de inscrición descárgase da web municipal, e o servizo está aberto ás familias empadroadas con nenos escolarizados en Primaria ou segundo ciclo de Infantil. M.O.

16 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.