Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 08 agosto 2022
00:26
h

Rematan os talleres da Escola de Música co de percusión afrocubana

A Maía. A EMMA, Escola Municipal de Música de Ames, programou nestes últimos dous meses catro talleres musicais de carácter introdutivo, nos que a veciñanza amesá a partir dos 8 anos puido gozar dunha oferta variada de xéneros ou disciplinas. E despois de celebrar obradoiros de beatbox, música tradicional e canto moderno, o ciclo remata este sábado 21 de maio cunha introdución á música afrocubana, na que aprender os instrumentos e os ritmos do son, o mambo ou tamén o chachachá.

Dende a organización subliñan que aínda quedan prazas para o taller, que terá lugar de 11.00 a 13.00 horas e terá un custe de 10 euros. Para participar, cómpre enviar esta ficha de inscrición por correo electrónico (escolademusica@concellodeames.gal).

O curso correrá a cargo do percusionista profesional, coach e docente na EMMA, Amaury Quintero. O taller presentará os diferentes instrumentos de percusión propios de ritmos como o son, o mambo ou o chachachá, co fin de que as persoas asistentes poidan aprender máis sobre esta linguaxe e identificar aspectos da cultura afrocubana. Á vez, poderán iniciarse na práctica destes ritmos, nun obradoiro de iniciación con parte teórica e práctica. M.O.

19 may 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.