Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Renovarán o asfalto das rúas Bosque e Acacias na urbanización Peregrina

Sumarase a licitación da mellora dos viais de Aldea Nova por case un cuarto de millón

A Maía. O Concello de Ames divulga o futuro asfaltado das rúas Bosque e Acacias da urbanización Peregrina, perpendiculares á avenida da Peregrina ao norte do núcleo de Bertamiráns. A licitación foi aprobada en setembro en xunta de goberno, e conta cun orzamento de 70.605,47 euros a cargo do Plan Ames Progresa 2021-2023.

En concreto, nas dúas localizacións executarase unha nova capa de rodaxe, aplicando unha mestura de asfalto en quente ao longo de ambos treitos. No caso da rúa Bosque, empregarase o mesmo tratamento sobre os treitos de formigón xa existentes, e colocarase unha canle con reixa no acceso leste á vía. As actuacións completaranse co pintado da correspondente sinalización horizontal.

Esta actuación, recollida no Plan Ames Progresa 2021-2023, súmase á recente licitación das obras de asfaltado na urbanización Aldea Nova, que tamén está ubicada na parroquia de Ortoño, e contou cun orzamento base de 243.882,74 euros.

“Estamos traballando e mellorando en moitos núcleos, facendo que sexan lugares atractivos para vivir, e avanzando coas actuacións do Plan Ames Progresa. Nesta caso vamos a mellorar o pavimento das rúas da urbanización Peregrina”, destacou Blas García, o alcalde de Ames que tamén ten as competencias da concellaría de Obras e Servizos Básicos. M.M.

16 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.