Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Representación do grupo de teatro municipal o 27

A Maía. O auditorio da casa da cultura de Bertamiráns acollerá a representación de Aquí non paga ninguén, do Grupo de Teatro Municipal de Ames, o próximo xoves 27 de outubro ás 20.30 horas e de balde (aínda que hai que retirar os convites na billeteira municipal).

A obra conta a historia das veciñas dun edificio que asaltan o supermercado do barrio fartas da súa situación económica e que tratarán de evitar con mentiras rematar no cárcere. E malia ser escrita en Italia no 1974, a comedia Aquí non paga ninguén, unha das máis representadas do dramaturgo transalpino Dario Fo, mantén a día de hoxe unha rabiosa actualidade. Trátase dun relato da inflación e da precariedade, unha crítica aos recortes en dereitos laborais e aos salarios ante a indiferenza dos políticos. A obra mostra ás veciñas dun edificio de clase humilde, que ante o auxe dos prezos dos alimentos, deciden asaltar e roubar no supermercado do seu barrio. M. Outeiro

22 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.