Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Retratar Ames leva premio tamén para os comercios

A Maía. O presidente da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Jorge López, e mailo concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, presentaron o primeiro concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo pasa por fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos de Ames, e poden participar todas as persoas residentes no Estado, maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de orixe. As instantáneas teñen que ser orixinais e inéditas, presentando unha por categoría entre o 13 e 25 deste mes. E deberán ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por email

(auladanatureza@concellodeames.gal). No que atinxe aos motivos, deberán presentar imaxes que recollan o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do Concello amesán. Existen tres categorías diferentes: paisaxe, macro e artística, e os premios son de 100, 50 e 25 €, por cada unha para gastar no comercio local. m.m.

12 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.