Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Revisaría o estado das beirarrúas”

Ana Viqueira

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro, e que considero fundamental sobre todo pola accesibilidade, sería revisar as beirarrúas. A verdade é que nalgunhas zonas o Concello molestouse en colocar unhas luces vermellas, pero xa levan tres semanas. O das beirarrúas é insufrible, incrible nos tempos que corren. O segundo, sería solucionar o problema co transporte. A min en concreto non me afecta, pero hai moita xente que se queixa porque, sobre todo nas fins de semana, non se cumpren os horarios. Podes botar ata dúas horas na parada. E por último, habería que mellorar as instalacións.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Que estamos moi preto de Santiago. Temos practicamente de todo, e o que non, a dez minutos xa o conseguimos. Aquí hai moita xente nova, moitos nenos; é unha zona con moita vida.

E o que peor leva?

Que non haxa unha instalación municipal deportiva, nin locais para a xente nova. Boto de menos un ximnasio como o que hai en Bertamiráns, porque aínda que sempre din que nos comparamos, o certo é que aquí tes que pagar bastante para ir a un privado. Tamén agora debido á crise sanitaria non hai case propostas socioculturais. Está todo moi parado.

18 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.