Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Revisións de balde en abril e mostra polo Día da Saúde cos Bolechas

Colaboran as ópticas, farmacias e ortopedias da capital maiá entre o vindeiro día 5 e o 10

A Maía. O Concello de Ames non vai ser alleo a conmemoración do Día Mundial da Saúde o vindeiro 7 de abril, unha efeméride para a que a concellaría de Benestar Social organizará dende o 5 de abril, diferentes accións en colaboración cos establecementos locais relacionados coa área sanitaria. Eles serán os que fagan actividades coma revisións gratuítas, análises ou descontos específicos. Ademais, a rapazada poderá visitar a exposición Os Bolechas coñecen o que é a diabetes.

Os participantes serán Farmacia Beatriz Barreiro Vilas, Farmacia Milladoiro, Farmacia Antucho Espinosa, Ollar, centro óptico e auditivo, Óptica Tambre, Óptica Enríquez, Alain Affelou, Óptica Da Vinci, Centro Óptico Novo Milladoiro e Ortopedia Milladoiro. A oferta que se porá en marcha inclúe revisións gratuítas, medicións de niveis de glucosa, colesterol ou tensión arterial, sen esquencer, sempre entre o 5 e 10 do mes de abril, descontos específicos, campañas de prevención, plan renove cepillos dentais ou a campaña Cada Kilo Conta.

No que atinxe á mostra, os veciños poderán acudir á casa de cultura da capital municipal, onde se ubica a exposición de Anedia sobre Os Bolechas e a enfermidade da diabetes, e que vai alongar a súa apertura ao público de balde entre o luns 5 e até o domingo 18 de abril. m. manteiga

01 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.