Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 27 septiembre 2021
14:05
h

Rexeitamento do BNG á ampliación da subestación eléctrica de Padrón

Esixe ao Concello que se posicione e pide un pleno extraordinario para estudar medidas

Padrón. O BNG de Padrón amosou onte nun comunicado a súa oposición ao proxecto de ampliación de potencia da subestación de Padrón e esíxelle ao Concello que se posicione activamente contra esa medida “polo tremendo prexuízo que causará á vila”. Os nacionalistas solicitan un pleno extraordinario para estudar e acordar as medidas a tomar para que non se leve a cabo este proxecto. O BNG padronés considera que as alegacións presentadas tanto por eles como por parte do Concello contra a “blindaxe da subestación” son hoxe máis válidas que nunca e comprometen á Corporación a posicionarse.

Segundo explican desde o BNG, os veciños colindantes e en xeral os veciños do núcleo de Padrón están moi preocupados e contrariados con esta ampliación de potencia, e recordan que desde a anterior actuación na subestación, unha familia que vive nas inmediacións vese afectada no seu benestar e saúde.

Nunha recente reunión, a portavoz, Beatriz Rei, explicou a situación aos veciños, e segundo dixo “a opinión unánime de todos é que hai que dar solución aos problemas que o ruído e as vibracións están a provocar na saúde da veciñanza, e traballar para trasladar a subestación lonxe do núcleo, xa que tanto a subestación como as numerosas liñas de alta tensión que centraliza esta, son un verdadeiro perigo para a saúde dos que viven tanto próximos á subestación como das liñas que dela parten”. arca

06 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.