Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rifas para celebrar as festas da Madalena e
da Peregrina en agosto

Por cada donativo de
5 euros recíbese unha participación para o sorteo dun vale de 500

Ames. As comisións de festas do Milladoiro e Bertamiráns lanzaron a campaña Unha rifa fai festa co ánimo de recadar fondos para organizar as festas da Madalena e da Peregrina. En Bertamiráns as rifas pódense adquirir nos establecementos hostaleiros e comerciais, mentres que no Milladoiro a comisión de festas entregará unha participación por cada 5 euros de achega económica que se realice para a organización das mesmas. Por cada 5 euros de donativo que se faga, recibirase unha participación para o sorteo dun vale de 500 euros para gastar nos establecementos asociados á asociación Xuntanza de Empresarios de Ames.

O alcalde da vila, Blas García, e o concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, mantiveron unha xuntanza con varios representantes da comisión de festas de Bertamiráns, que están traballando na organización dos festexos da Peregrina que se van celebrar en agosto.

O Concello de Ames, a través dos programas Ames Cultural da Concellaría de Cultura e AmesON da Concellaría de Promoción Económica, achega varios concertos que completarán a oferta musical proposta polas comisións de festas do Milladoiro e Bertamiráns para a primeira quincena de agosto. Serán once días de festa seguida que comezarán o xoves 4 de agosto co inicio das festas da Madalena, no Milladoiro, e rematarán o 14 de agosto, coincidindo co remate das festas da Peregrina, en Bertamiráns. A organización dos actos festivos de agosto contan coa colaboración do Concello de Ames e da asociación Xunta de Empresarios de Ames (XEA).

O rexedor explicou que “dende o Concello de Ames se está apoiando o traballo que están realizando as comisións de festa do Milladoiro e Bertamiráns para organizar as festas da Madalena e da Peregrina. Despois duns anos sen festas por mor da pandemia, este ano vaise facer un cartel conxunto das festas, que se van facer nas dúas localidades nas que se recollerán as actuacións musicais programadas pola comisión e tamén aquelas actividades que organiza o Concello”. c.e.

12 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.