Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rois aproba o plan de cooperación e o POS+ adicional para gastos sociais

Rois. O pleno de Rois aprobou na sesión do luns o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+2023 cos votos a favor de PP e BNG e a abstención do PSdeG. Por unanimidade foi aprobado o POS+ adicional 1/2023 para gastos sociais extraordinarios, dotado con 68.471 euros.

No capítulo de rogos e preguntas, o alcalde, Ramón Tojo, volveu insistir en que o goberno local quere remunicipalizar a parte do Servizo de Axuda no Fogar que actualmente presta unha empresa.

“É un proceso complexo e estamos á espera de que os técnicos municipais rematen os informes para que o SAF volva ser municipal”, dixo.

Na sesión houbo unanimidade para ratificar a resolución da Alcaldía que modificaba a addenda do convenio coa Consellería de Infraestruturas para construír a depuradora de Urdilde. O alcalde explicou que a Xunta recibiu a oferta de oito empresas para facer esta depuradora, que está a punto de adxudicarse.

O goberno local rexeitou a moción socialista para crear unha agrupación de Protección Civil supramunicipal cos concellos de Padrón e Dodro. O alcalde argumentou que o voto en contra de seu grupo debíase a que actualmente Dodro non ten voluntarios de Protección Civil e que os de Padrón non operan fóra do seu termo municipal. “En Rois estamos cubertos coa presenza do Grupo de Emerxencias Supramunicipal Terras de Iria, que opera as 24 horas, e cos voluntarios de protección civil de Rois. Non vemos factible crear unha agrupación comarcal”. arca

04 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.