Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rois aprobou un orzamento de 3,7 millóns de euros para este exercicio

Prosperou cos votos do equipo de goberno e pese á abstención dos grupos do PSOE e BNG

Rois. O pleno da Corporación de Rois aprobou onte en sesión extraordinaria os orzamentos para este exercicio, que ascenden a 3,7 millóns de euros, unha partida moi similar á do ano pasado. Nas contas increméntanse o gasto social e as axudas ás familias e redúcese o investimento en obras. Deste xeito, a partida de gastos en bens correntes e servizos que se prestan á veciñanza representan 1,88 millóns, e os investimentos reais 390.000. Os orzamentos foron aprobados con 7 votos a favor do equipo de goberno e a abstención dos grupos da oposición (PSOE e BNG).

Durante o presente exercicio, o Concello de Rois recibirá a maior parte dos ingresos das transferencias procedentes doutras administracións (1,96 millóns), mentres que os impostos e taxas supoñen algo máis do 42 % dos ingresos (1,6 millóns de euros).

Con respecto ao ano pasado, aumenta o capítulo de gastos en bens correntes e servizos, debido ao incremento das partidas destinadas ao programa que se vai poñer en marcha para fomentar a conciliación familiar e laboral entre os escolares do municipio, e tamén a un maior gasto nos servizos de limpeza e desinfección dos colexios.

O capítulo de transferencias correntes tamén medra con respecto ao orzamento do ano pasado. Os 238.600 euros desta partida destinaranse a pagar a atención benéfico-asistencial á veciñanza, os programas de becas, cultura e deportes, ademais da escola infantil. s. e.

11 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.