Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rois axuda a conciliar con servizos de mañá e tarde

ROIS. O Concello de Rois farase cargo o vindeiro curso escolar das actividades que se desenvolvan nos colexios dos Dices e do Pumar encamiñadas a alongar a estadía do alumnado en ámbolos centros máis alá do horario de clases. O obxectivo, tal e como apuntan dende o Concello, é facilitar a conciliación. Asumirá, deste xeito, tanto o servizo de madrugadores como unha oferta de actividades extraescolares que cubrirán dende o remate do comedor ata as 18.30 horas. Ámbalas opcións poderán utilizarse a cotío, en días fixos ou de xeito ocasional. Co programa Concilia Rois, un menor que faga uso dos dous servizos de luns a venres pagará 60 euros ao mes. Asemade o Concello farase cargo das actividades extraescolares tal e como lle solicitaron dende a ANPA do municipio.

O servizo de madrugadores, chamado Amencer, abarcará dende as 7.30 horas ata o inicio das clases. Terá un prezo de 30 euros ao mes para os escolares que o empreguen toda a semana. No caso de ser un día, sempre o mesmo, o custo será de 10 euros, de 18 € se son dous e de 28 euros para tres días. Os usuarios/as ocasionais pagarán 4 euros por xornada. Despois do comedor, os menores poderán participar tamén nas Tardes Activas ata as 18.30 horas.

O Concilia Rois custará 40 euros ao mes para os alumnos que o soliciten de luns a venres. O resto de tarifas son as mesmas que as indicadas con Amencer. Respecto dos prezos xerais, as familias van poder beneficiarse de distintas bonificacións.

Para aquelas que teñan que empregar os dous servizos de luns a venres, haberá un bono concilia que custará 60 euros. Así mesmo, terán un 10% de desconto tanto as usuarias e usuarios que pertenzan a familias monoparentais como o segundo irmán se asisten ao mesmo servizo. Por último, as familias numerosas e aquelas cunha renda per cápita igual ou inferior ao 75% do IPREM terán unha rebaixa do 25% da cota. Os interesados en facer uso dalgúns dos servizos deben inscribirse antes do 13 de agosto en www.rois.gal. C.E.

02 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.