Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rois celebrará el San Isidro con música, andainas e diversas actividades

Rois. A veciñanza de Rois celebrará o Santo Isidro por todo o alto. O programa de actos presentado polo Concello propón música, festa, andainas e actividades deportivas e culturais, e esténdese máis alá do día grande, que se levará a cabo o domingo 15 de maio. As festas compleméntanse ademais coas actividades de Rois no Camiño das Letras, dando lugar a unha ambiciosa programación que vai do 6 de maio ata o día 19 de xuño. A fin de semana grande abrirase o sábado 14 cunha gran verbena a cargo da orquestra Unión y Fuerza e do Dúo Reflejos, no campo da festa. Será o quecemento para o Día de Santo Isidro Labrador, que se celebra o domingo 15 de maio. O campo da festa será o epicentro das actividades nunha xornada moi completa que se abrirá ás 9.30 horas coa III Andaina Popular Santo Isidro Labrador. Ás 12.00 actuarán as agrupacións da Escola Municipal de Música, e ás 13.00 celebrarase unha misa solemne, acompañada polo coro de Buxán. Xa pola tarde, a cativada poderá gozar co espectáculo infantil A granxa (17.30 horas) e, un pouco despois (18.30), actuarán agrupacións de música tradicional. A noite do Santo Isidro abrirase ás 19.00 cun monólogo do cómico Pepo Suevos, baixo o título Falade galego rapazada... é unha pasada! Despois comezará un serán musical coa actuación do Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima e tres agrupacións de mulleres pandeireteiras. O grupo De Vacas, inmerso no seu Tour Vacanal 2022, poralle a guinda. s. e.

03 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.