Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rois destina o POS adicional ás pistas e a pagar débeda

Rois. O pleno do Concello de Rois aprobou, cos votos a favor do equipo de goberno popular e do BNG e a abstención do PSdeG, destinar o POS+ Adicional da Deputación para gasto corrente e para o afirmado e acondicionamento de dúas pistas. Por unanimidade, a Corporación acordou adherirse ao Plan xeral de prevención de riscos e medidas antifraude da Deputación da Coruña coa finalidade de controlar os investimentos que se executarán no municipio cos fondos Next Generation da Unión Europea.

A proposta do equipo de goberno que preside Ramón Tojo incluía destinar 204.475 euros do POS+ Adicional a gasto corrente, para pagar facturas, e outros 206.776 euros para investimentos en mellora de estradas.

A proposta inclúe os afirmados e acondicionamentos dunha parte das pistas que van da estrada AC-308 ata Sabacedo e da vía que une Sorribas con Vilar de Abade.

Indicar que ante as críticas da oposición relativas ao gasto corrente, Tojo explicou que as bases da Deputación coruñesa permiten destinar esa partida para pagar facturas e engadiu que o goberno municipal ten contemplado tamén con esa partida facer fronte ao incremento do custo das obras pola inflación. arca

07 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.