Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rois habilita teléfonos para solicitar o servizo de compras esenciais

O Concello procura esta axuda ás persoas en risco e ante o aumento da COVID

Rois. Ante o incremento de casos de coronavirus, o Concello de Rois publicou un bando da alcaldía no que se presta a facerlles compras básicas, coma alimentos e medicinas, a todas aquelas persoas residentes no municipio que non poidan saír da casa por ser poboación de risco en caso de contaxio ou porque están cumprindo a corentena. Para facer máis áxil este servizo, o Concello habilita os números de teléfono 981 804 109 e 689 223 509 aos que se poden dirixir as personas que necesiten da axuda.

O Concello lembra que as persoas de idade avanzada e aquelas que sofren algunha patoloxía son o sector máis vulnerable ante o coronavirus e por iso prégalles non saír das súas casas para non manter contacto con outras persoas.

Así mesmo, e coa fin de frear a propagación do virus, pídelle a toda a veciñanza que realice todos os trámites posibles empregando medios telemáticos ou telefónicos. As oficinas municipais prestarán atención presencial só con cita previa, que pode concertarse no número de teléfono 981 804 109.

Finalmente no bando, o alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, apela á responsabilidade da cidadanía para que se cumpran todas as medidas decretadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á pandemia. s. e.

02 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.