Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rois pechou con teatro os actos do Día de Rosalía

Rois. O Concello de Rois rematou a fin de semana os actos conmemorativos do Día de Rosalía cunha obra de teatro na que Os Quinquilláns recrearon un feito real de censura a un texto da escritora galega máis universal. A veciñanza que acudiu á representación levou como agasallo unha libreta conmemorativa, que fai mención ao 23 de febreiro como nova data para homenaxear á escritora e inclúe un verso de Follas novas.

Os Quinquilláns poñían pola noite o colofón a unha serie de actos organizados polo Concello para celebrar a nova data do Día de Rosalía, que dende o descubrimento da investigadora Sagrario Abelleira pasa a ter lugar o día 23 de febreiro. Na obra A pluma vía de Rosalía, Tero Rodríguez e Lucho Penabade poñen en valor á escritora e a súa defensa da nosa cultura, do noso idioma, da xustiza social, da liberdade e da igualdade entre mulleres e homes.

Unha interpretación que fixo gozar ao público asistente, que ademais levoose a libreta conmemorativa, que o Concello distribuíu entre a veciñanza e que contou coa colaboración da Xunta e da Deputación da Coruña. arca

01 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.