Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rois planta cara nun video á violencia contra as mulleres

Rois. O Concello de Rois plántalle cara e mira de fronte é violencia de xénero para erradicar esta lacra da nosa sociedade. Son de Rois e non calo foi o lema elixido este ano para visibilizar este rexeitamento e conmemorar o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A iniciativa divúlgase nun vídeo a través de redes sociais, xunto coa distribución de máscaras, bolsas e a iluminación da casa consistorial.

Ademais de sumarse a iniciativa da Deputación da Coruña De fronte á violencia de xénero, o Concello promoveu esta campaña con un lema e un video propios e iluminará a casa consistorial durante a noite do 25 de novembro.

Esta campaña compleméntase coa edición e difusión nas redes sociais municipais dun vídeo no que 16 veciñas e veciños participantes coinciden en que fronte é violencia de xénero hai que ter tolerancia cero. Neste vídeo, a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Basante, anima a toda a veciñanza a construír un municipio solidario, responsable e xusto na defensa activa dos dereitos fundamentais. M. B.

23 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.