Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rois reclama unha lei de Igualdade Salarial

Rois. A Corporación de Rois aprobou no pleno de marzo sendas mocións do PP e do BNG con motivo do Día da Muller. A moción da concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Basante, foi aprobada con votos dos cinco concelleiros do PP e 1 do BNG, e o voto en contra dos tres concelleiros socialistas. A proposta presentada por Begoña Ares (BNG), que incluíu unha emenda presentada polos populares, aprobouse por unanimidade.

Entre outros puntos, en ambas mocións solicítaselle ao Goberno central a aprobación dunha Lei de Igualdade Salarial que remate coa fenda salarial e a modificación e actualización da Lei de Conciliación e Corresponsabilidade. Tamén se lle pide á Xunta de Galicia que fomente medidas e programas de conciliación e corresponsabilidade a través de plans específicos.

Pola súa banda, a moción presentada polo PSdeG para que o Concello valore a implantación da app Liña Verde, para a xestión de incidencias, foi rexeitada polo equipo de goberno que tamén rexeitou a iniciativa do BNG para exercer de mediador cos propietarios de casas baleiras coa intención de facilitar o movemento do mercado inmobiliario e facilitar que máis persoas residan en Rois. arca

09 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.