Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Rosalía en Verde’, un libro que percorre a presenza da escritora en parques e xardíns

A Casa da Matanza acolleu estes días a presentación que correu a cargo do autor, Carlos Rodríguez Casal,

Padrón. A Casa de Rosalía acolleu a presentación do libro Rosalía en Verde. Xardíns, monumentos e plantas, de Carlos Rodríguez Dacal, coa presenza do autor, ademais de Xurxo Couto, responsable de Cultura da Deputación da Coruña, institución que financiou a obra, e de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Nesta obra o seu autor, que tamén publicara O xardín da Casa de Rosalía (2016), cataloga e documenta a presenza da poetisa en Galicia e no mundo a través de parques, xardíns e outros monumentos que honran a súa memoria. Segundo escribe Anxo Angueira na presentación do libro, “non deixa de ser así esta obra unha verdadeira cartografía do rosalianismo universal”.

Tratase, explicaron, dun rosalianismo que nos leva por parques, xardíns, prazas, bustos e placas de Padrón ata Maracaibo, Montevideo, Braga, Porto ou Bos Aires, pasando por Barakaldo, Salamanca ou Cornellá de Llobregat, ademais dunha boa porcentaxe de concellos galegos. “Na horta e no xardín que circundan a Casa de Rosalía e en tantos xardíns, paseos, parques e prazas de Galicia e do mundo a memoria de Rosalía é memoria vinculada ó mundo vexetal e a un patrimonio natural e botánico que cómpre conservar”, remata Angueira.

Segundo se puxo de manifesto, Rosalía de Castro é a persoa que dispón de máis escenarios e monumentos xardinísticos onomásticos en Galicia. A presenza reiterada nas catro provincias galegas non sorprende, así como tampouco nos lugares onde se estableceu a emigración galega, sobre todo en Cataluña, pero tamén en Euskadi, Madrid, Brasil, Uruguai e Arxentina. m. rendueles

03 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.