Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Roteiro desde O Santiaguiño para coñecer as herbas do San Xoán

Padrónar. A concellaría de Turismo de Padrón organiza unha novidosa actividade coincidindo co San Xoán. O 23 de xuño ás 12.00 horas realizarase unha ruta dende Santiaguiño do Monte para afondar nas propiedades das plantas e herbas de San Xoán. A experiencia estará dirixida por Rosalía Bermúdez, experta en herbas medicinais.

A través dun paseo interactivo, a guía vai explicar cales son as propiedades curativas das herbas, cales son os rituais e as tradicións que se asocian a esta data cargada de misticismo e cales as composicións do “cacho de San Xoán”. A actividade é de balde e farase entrega dun ramo de herbas de San Xoán aos asistentes. As prazas son limitadas e vanse cubrir por orde de apuntamento. A inscrición podese tramitar na Oficina de Turismo, ben chamando ao 646 593 319 ou enviando un mail a turismo@padron.gal. m. rendueles

11 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.