Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rutas e paradas dende Clun polo 25-N e contra a violencia sexista

A Maía. A Cooperativa Rural Galega Clun únese ás celebracións do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora este venres. E, como cada ano, desde todas as sedes da cooperativa farase unha parada ás 12.00 horas na entrada de cada centro (o amesán de Feiraco; Melisanto en Melide, Clesa en Caldas e Os Irmandiños en Ribadeo).

O obxecto da iniciativa é manifestar o apoio dos seus conxuntos de traballadores á loita contra a lacra social que supón a violencia de xénero. En cada un dos centros de Clun citados pararán para dicir “non á violencia de xénero”. Con esta iniciativa, o persoal da cooperativa quere amosar a súa solidariedade coas vítimas e o seu “rexeitamento total a calquera forma de violencia contra a muller”.

Ademais, as integrantes da Asociación Mulleres de Seu, impulsada por Clun e presidida por Carmen Rodríguez, uniranse a estes paróns en cada unha das sedes de Clun e, ao remate, realizarán varias andainas, sumándose á iniciativa Camiño ao Respecto que promove a Xunta no marco das celebracións do 25N. Faranse tres, con saída dende as centrais de Melide, Ribadeo e Ames, a partir das 12.30 horas e sempre que o tempo o permita. M. Manteiga

24 nov 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.