Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Santa Baia de Vedra xa ten un libro que recolle todas as súas festas

vedra. A biblioteca do Museo do Pobo Galego foi o escenario no que se celebrou a presentación do libro titulado As festas de Vedra. De Santa Baia ás peregrinacións xacobeas, coa presenza do seu autor, Henrique Neira, dos membros da comisión de festas deste ano, Rafael Carballo e José Antonio Pose Fou, e da concelleira Susana García Lema. O libro recolle todas as festas da parroquia de Santa Baia de Vedra desde o Antroido ó San Quietán pasando pola patrona da parroquia e con especial dedicación á das Dores, que se celebra cada primeiro domingo de setembro desde hai xa 165 anos. Colaboraron na edición da publicación o Concello de Vedra, ata trece empresas do municipio e outra empresa que o quixo facer de xeito anónimo. A recollida da historia das festas nun volume é unha boa nova para a parroquia, que conta con 500 veciños. v. f.

05 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.