Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Santa Comba terá III Feira de Outono con oitenta postos

Xallas. A Asociación de Empresarios de Santa Comba convoca a súa III Feira de Outono para os días 5, 6 e 7 de novembro, no recinto feiral e edificio multiusos. E serán 80 os expositores que abranguerán sectores que van dende o da automoción ata comercio, artesanía, alimentación, hostalería ou servizos.

Ademais, na primeira xornada está previsto no feiral un taller de estampación de camisetas e pulseiras, (18.00 h.). Na segunda repetirase ese obradoiro ás 11.00 horas, e logo haberá dous de elaboración de broches no mesmo recinto (a mediodía e ás 16.00 horas). De 17.00 a 17.30, exhibición de Aikido no multiusos e, de 18.00 a 19.00 horas, concerto de acordeóns.

A Feira do Outono rematará o domingo 7 cas seguintes actividades: ás 11.00, no feiral, obradoiro de broches e, unha hora despois, o mesmo marco acollerá a actuación do grupo folclórico Axio Mouro. De 13.00 a 14.00 horas, actuación no multiusos dos magos Charly Braun e o local José Benigno; de 16.00 a 20.00 horas taller de estampación para cativos no feiral; de 17.00 a 18.00 horas taller de elaboración de broches no mesmo marco e ás 19.00 horas, concertos de Leidys Arlenis & Joanna, mais La China y Dibal en el auditorio. M. Outeiro

26 oct 2021 / 13:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.