Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Seminario de viticultura no Milladoiro a partir do 10 e ata o mes de xuño

As aulas realizaranse os luns na aula de usos múltiples da casa da cultura de 20 a 21.30

Ames. Un ano máis, a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames pon en marcha o seminario de viticultura. Así, o vindeiro luns, 10 de outubro, comeza esta actividade na que se tratarán todos os aspectos referidos ao cultivo e á saúde do viñedo como, por exemplo, as castes propias de Galicia, os marcos de plantación máis axeitados, as distintas maneiras de guiar os bacelos ou as técnicas de poda que se deben aplicar.

Ademais, este ano o curso tamén abondará sobre o mundo da horticultura. Así, o seminario de viticultura supón unha maneira formidable de mellorar as explotacións vinícolas e hortícolas, tanto profesionais como domésticas. As aulas realizaranse os luns, de 20.00 horas a 21.30 horas, na aula de usos múltiples da casa da cultura do Milladoiro. O seminario estenderase entre os meses de outubro a xuño.

Os interesados en inscribirse aínda están a tempo de anotarse nas últimas prazas dispoñibles, para o que poderán acudir á Oficina de Voluntariado de Ames, situada tanto na casa da cultura do Milladoiro como na de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 662 377 044. Unha formación moi completa e de interese para todos e todas os e as amantes do mundo da viticultura. C.E.

04 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.