Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Senda para mellorar a seguridade xacobea na zona da Barquiña, en Negreira

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de confirmar o investimento de 53.000 euros para o reforzo da seguridade do Camiño de Fisterra en Negreira, unha das 70 actuacións que se executarán este ano nas vías autonómicas cun investimento da Xunta de 1,4 millóns de euros. En concreto, a conselleira Ethel Vázquez acgegouse á zona da Barquina, na capital barcalesa, explicando que nese punto existe un cruce con boa visibilidade, pero tamén unha zona onde os peregrinos teñen que camiñar pola beiravía durante un treito de 270 metros, polo que alí “construirase unha pequena senda, de preto de 200 metros, e disporase un cruce sinalizado que favorecerá un tránsito máis cómodo e seguro para os camiñantes”. A previsión é que a intervención se execute no mes de setembro.

22 jun 2021 / 14:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.